ANULACIÓN DE BASES DE CONCURSO-OPOSICIÓN

Recentemente o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo daba a razón ó noso cliente, anulando as Bases que convocaban un concurso-oposición nunha Administración local

16 June 2016

Recentemente o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo daba a razón ó noso cliente, anulando as Bases que convocaban un concurso-oposición nunha Administración local para un posto de AEDL ( Axente de empleo e desenvolvemento local) con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia, producindo o resultado que a continuación se expón.

En primeiro lugar o Xuiz entende que o noso cliente tiña dereito a impugnar as Bases ó mesmo tempo que participaba no concurso-oposición, actuacións que o Concello entendía contradictorias e incompatibles e cuxo criterio non foi acollido na sentenza porque o xulgador estimou a alegación exposta na demanda, concretándose en que “A participación do recurrente no proceso selectivo supón a suxección ás bases que o rixen, pero non supón que comparta a súa adecuación a Dereito si ó tiempo que concurre ó proceso, as impugna en tempo e forma, como foi o caso. Isto é, polo feito de que o demandante intervira no proceso que rixen as bases, non se convirten éstas en inatacables para él xurisdiccionalmente”.

O primeiro motivo de anulidade acollido polo Xuíz a Quo, foi o que denunciaba a ausencia de baremación de determinados cursos de desenvolvemento local e proxectos de emprego que debían puntuarse na fase de concurso, estratexia que contradicía por omisión á norma autonómica que por contra os mencionaba expresamente como méritos. As Bases omitiron calquera tipo de baremación neste sentido, mentres que pola Administración aducíase o carácter “ ad exepium” da Orde. Neste sentido, a Sentenza expón:

as bases deberon contemplar expresamente a valoración dos cursos de desarrollo local/proxectos de empleo dos opositores, có baremo de puntos que lle correspondesen, non o fixeron e atopamos entón un primeiro vicio de anulabilidade, ex art. 63 LPC”.

O segundo motivo da demanda que o Xuiz do Contencioso-administrativo estima, é a ausencia de baremación nas Bases do propio proceso de oposición, tanto da parte teórica como práctica, pois establecían que as probas serían acordes para determinar a “capacidade dos aspirantes”. Nada máis. Unha obviedade ¿non si?

Ademáis engade a sentenza unha puntualización; “Todo o exposto sen perder de vista, como indica a actora, que dos vinta e sete puntos que como máximo podían obterse no proceso de selección, vinte puntos resultaban do desenvolvemento das probas de “coñecementos específicos”, có que a súa calificación, a diferenza da consideración de desempleado ou non do aspirante, resultaba determinante”.

Podemos concluir á vista da sentenza que os aspirantes ó posto ofertado para ocupar unha plaza de Axente de empleo e desembolvemento local, tiveron que participar nun proceso de concurso oposición no que, non só a Administración Local obviou a previsión dun sistema baremación dos cursos máis específicos do posto, isto é, da fase de concurso, sinon que as Bases da convocatoria tampouco preveron un sistema de baremación da fase da oposición., así que nos atopamos cunhas bases que como razona o Xuiz a Quo, eran contrarias ós Principios de igualdade, mérito e capacidade recollidas no art. 55 do EBEP que deben rexir o acceso a todos os postos en Administracións Públicas ( se ben puntualiza, non coas mesmas condicións e garantías que para o personal estatutario) , anula as Bases e por ende o proceso selectivo que tivo lugar trala publicación das mesmas.

Como consecuencia das irregularidades que o Xuiz a Quo atopa nas Bases, impón:

En consecuencia, declaro anulables as bases do proceso selectivo establecidas polo Concello para a provisión do posto de AEDL, convocadas ó amparo da Orden da Consellería de traballo e benestar, e se revocan, deixando sen efecto o proceso selectivo desenvolvido e o seu resultado, con efectos retroactivos, e condeno ó Concello a emitir unhas novas bases para o proceso selectivo para a provisión do posto de AEDL, ó amparo da Orde da Consellería de traballo e benestar, con suxección ó disposto na presente sentenza.”

 Sentenza núm. 87/2016 do Xulgado Contencioso-administrativo número 2 de Lugo.

Non é firme.

Tania Tizón Vede

tania@insitu-a.com

http://www.insitu-a.com/gl/

BLOG

Buscador